Phoenix Criminal Lawyer

A piratería realmente non existe, ou non deberia existir, porque  é un termo inventado por as multinacionais do copyrigth, que designa o que lle fai competencia, o que lle  fail perder cartos, pero as multinacionais segen a ser multimillonarias. De onde sacan eses cartos? Pois dos autores, paganlles menos  e votanlle a culpa a piratería. Eles din que a piratería  intentase lucrar das creacións de outros, pero iso e o que fan as multinacionais do copyrigth, e ainda peor ,  fanno  esixíndolle ó governo leis que permitan
o seu monopolio.  Pasan por riva de nós, o pobo, cada vez con máis forza.

En internet está a comezar un novo negocio, as descargas.  E as multinacionais do copyrigth non teñen o control, por iso o critican e intentan instaurar no pensamento colectivo da sociedade que non é ético coller  cultura de  internet gratuitamente, que estamos destruindo a musica ,o cine, a literatura… pero iso é mentira . As multinacionais do copirigth, xa teñen a batalla perdida de ante man, Non lle poden gañar a internet, pero, se nós, os usuarios non temos  coidado, nacera un monopolio da cultura e da arte moito maior cá que había.

pirateria

Imaxina que estás a escoitar unha canción, gústache, aprendela, e fas unha cover que colgas no teu blog, os teus amigos miranna e pasanlla a outros amigos, que, se a cover ten certa orixinalidade, pasarana novamente. É isto ilegal? Sí, ante a lei das multinacionais do copyrigth, serías un delincuente que estaría a roubar. Isto inhibe e limita a creatividade colectiva cultural, por tanto non debería ser ilegal.

Contra esta lei están aparecendo outros modelos alternativos, como as licenzas creative commons, que permiten que os autores escollan os dereitos que queiran para as súas obras, permitindo así facer obras derivadas, que a súa vez, incluso poderían mellorar ás orixinais das que proceden, isto daría a coñecer a moitos novos autores.

Chamoume a atención este curioso remix que mezcla a os Sex pistols con madona

Penso que neste texto Eduardo Noriega ainda que el non se dé conta está a defender máis ás multinacionais do copyrigth que aos autores. Os usuarios afirman con razón que a lei sinde é un ataque a liberdade de expresión, porque con vistas ao futuro o que fai esta lei é crear unha comisión que non eliximos nós para que poidan cerrar todo tipo de páxinas web, se esto non é un ataque a liberdade de expresión que é.

Despóis afirma que os usuarios rouban as creacións dos autores, quén realmente rouba estas creacións, é o monopolio das multinacionais do coyrigth, e non se fan leis contra este roubo.

Se un autor novo publica unha obra só se queda co 10% dos beneficios. Ó outro 90% vai para os editores nun 50%, e o 40% restante para os distribuidores, ademais, na situación actual, ao novo autor non lle chega este 10%, e é moi dificil que se faga coñecido, ten que empregar internet, e isto é o que non lle gusta ás multinacionais, e por iso aparecen leis como «sinde´´

O copyright nace en Inglaterra no século XVI, nun principio, co fin de ter control por parte da monarquia, de todo o que se editaba, xa que a raíña tiña que dar o seu permiso. Pero os dereitos eran exclusivamente dos editores.

Entre os séculos XVII e XVIII, a lei do copyright reformase para derrubar o monopolio editorial, dándolle ao autor máis dereitos sobre a súa obra. No seculo XIX os países en desenvolvemento como E.E.U.U, pedían a abolición do copyright, co argumento, de que a cultura tiña que chegar a todos.

Actualmente, a lei do copyright protexe aos autores, pero isto dificulta a chegada da cultura á xente, restrinxe facer obras derivadas; e dalle as multinacionais moitos beneficios.

A lei necesita un cambio para adaptarse aos novos tempos. A industria debe cambiar o seu modelo actual. Coa chegada de internet queda moi anticuado. Podense descargar películas e música. O cambio que se necesita ten que ser a nivel mundial, non vale por exemplo, a lei sinde.

O streming, por exemplo, empregado en Etados Unidos, polo que pagas unha cuota ó mes, adquirindo a capacidade de poder ver online todo o que queiras, é unha opción. Ainda que a min non me gusta demasiado, é moito mellor que prohibir, como se pretende facer aquí.

Aqui vos deixo un video transcrito o galego explicando como usar o buscador

Sinteticei este texto a partir do seguinte mapa conceptual

Nós descendemos do australopithecus, un antigo primate parecido a un chimpancé actual, como poidemos evolucionar tanto? Qué nos fixo evolucionar?.

Estudos recentes revelaron que a nosa evolución non estaba ligada enteiramente ó azar, senón que en parte, ó descubrimento do lume, que proporcionou básicamente dúas cousas:a cocción dos alimentos e protección ante outros animaís perigosos, dándonos poder sobre os demais animais.

Isto permitiu que ao cociñar os alimentos, non nos fixese falta unha mandíbula tan grande, así, a mandíbula foise empequenecendo e deixou paso ó incremento da capacidade cranial. Tamén o lume proporcionou superioridade ante outros animáis, podendo durmir máis relaxados, e así poder desenvover os soños.

Crowd computing é unha nova idea nacida en estados unidos que trata sobre o pensamento da multitude de aí ven o nome de crowd, as ideas da multitude son máis efectivas e eficaces cá de unha soa persoa, asi se as persoas poñen os seus pensamentos en comun de forma non serarquica nacen novas e mellores ideas ideas.

A idea principal do video trata de sobre como podemos compartir cousas que xa non necesitemos e que outras persoas poden necesitar a traves da rede, o consumo colaborativo. E asi poder adquirir cousas que nos interesen gratuitamente, compartindo ideas e todo tipo de cousas.

O<a href=»«> video tamen deixa moi claro que a sociedade xa non é materialista como antes, e esta cambiando gracias a internet.
Por exemplo, cando se trata dunha película nós non queremos o obxecto en sí, senon o que este contén, non queremos o DVD nin a caixa, senón os datos que ten dentro, e unha vez que xa os vimos, case non nos sirven de nada.

fixen este mapa conceptual do coñecemento a partir deste texto

null

fixen este mapa conceptual sobre o home a partir deste texto


Olark Livehelp